top of page

Música

F. Javier García Canto

O mestre de música da Uned Senior fálanos dos beneficios da educación musical nas persoas maiores facendo fincapé nos exercicios articulares e no exercicio mental que supón ter que memorizar as distintas partituras do repertorio musical.

Aula de Música

Documental que percorre os lugares onde se imparten as clases de música da Uned Senior. Os alumnos das aulas de Momán, Paderne e Guitiriz ensaian xunto co seu mestre e amosannos algunhas das pezas do seu repertorio. Coñece á banda da Senior.

 

Concerto inaugural do curso 2014-2015

Como en tódolos actos da Uned Senior, as alumnas e os alumnos da Aula de Música agasallan ás súas compañeiras e ós seus compañeiros cun pequeno concerto onde interpretan grandes éxitos populares acompañados polo seu mestre F. Javier García Canto. Aquí podedes ver unha mostra da súa actuación na inauguración do curso 2014-2015.

 

Os solos de Amador

 

Do "Pasodobre de Pastoriza" á "Rianxeira"

 

"Agárrate Saxo", "La Adelita", "Carmiña Carmela"

 

bottom of page